Artistas

 

LEILÍA

Aposta pioneira e atrevida de seis mulleres para recuperar a tradición oral galega. Ao son de pandereitas e voces, as artistas expresan a singularidade e beleza da música de raíz.

OS D’ABAIXO

Interpretan pezas populares sobranceiras da música galega baixo un selo persoal, creando novos novos espazos onde todo o mundo poda participar da música e do baile tradicional.

SUSANA SEIVANE

Gaiteira de recoñecido prestixio internacional, pertencente a unha estirpe de músicos e artesáns. Fusiona o xeito tradicional con influencias contemporáneas e doutras culturas.

FALTRIQUEIRA

Cuarteto vocal feminino de Pontedeume, constituido a principios dos 90. Voces modernas que parten do respecto á música tradicional galega, trazando pontes con Portugal.

ALBERTO CONDE HUMAN EVOLUTION PROJECT

Espazo de contacto entre distintas tradicións musicais, xuntando artistas de Galicia, Portugal e India. As composicións constrúen unha narrativa da evolución da humanidade.

PEPE VAAMONDE GRUPO

Banda de folk liderada polo gaiteiro e frautista Pepe Vaamonde, cun proxecto baseado nunha visión persoal da música do país, que se reflicte nun directo contundente e orixinal.

ROSA CEDRÓN

Artista cunha intensa traxectoria con destacadas bandas galegas e músicos internacionais que destaca pola súa calidade vocal, elegancia e forza, e o seu persoal xeito comunicar.

ALEJANDRO VARGAS TRÍO

Abarca linguaxes que van dende a música contemporánea ao jazz ou a música afrocubana. Formaron parte de relevantes proxectos cun traballo de cámara e con diferentes formatos.

TRIM

Trío formado por Luís Peixoto, Fernando Barroso e Pedro Fariñas que mestura gaita con cordas, con composicións propias e reminiscencias da música popular galego-portuguesa.

SUMRRÁ

Este trío é moito máis que unha rareza no panorama da música feita en Galicia. Ofrece un concepto de jazz que non se erosiona co paso do tempo e cun espectacular directo.